Novo calendario fiscal amesán coas medidas adoptadas polo covid

El Correo Gallego
Imaxe da fachada da casa do concello amesá

Ames. A veciñanza amesá pode acceder xa ao novo calendario fiscal do Concello para 2020, onde se recollen ampliacións dos períodos de voluntaria para o pago dos recibos de impostos que máis gravan á cidadanía e empresas, como é o caso do IBI, o IAE e o IVTM.

Indícanse as datas de cargo dos recibos domiciliados, o período voluntario de pago dos que non o están e as datas de cargo do IBI mediante o sistema de fraccionamento en dous prazos. Tamén van detalladas as datas para as diferentes taxas e prezos públicos. Por outra banda, a concellería de Economía e Facenda incluíu as medidas tributarias que se foron tomando nesta crise. A.P.