Pementos Carmucha solta Adalia para o control biolóxico dos pulgóns

A empresa familiar de Herbón reafirma así o seu compromiso cos produtos ecolóxicos
El Correo Gallego
Posto con produtos que elabora Carmucha. Foto: aP. C.o

Padrón. A empresa familiar padronesa Pementos Carmucha, procedeu onte a solta das primeiras Adalia para o control biolóxico dos pulgóns nas súas plantacións de pementos de Herbón. Corfirma, deste xeito, a súa aposta polo produtos cen por cento ecolóxicos de primeira calidade

“Esta solta faise nun momento crucial para protexer o produto que xa está no seu punto óptimo para ser recollido e consumido”, explican desde Pementos Carmucha que reitera, tamén, que “mantén o seu compromiso coa produción ecolóxica de calidade coa que acadou recentemente o selo de Galicia Calidade”.

Segundo explican, os seus pementos de Herbón son recollidos e seleccionados a man “ de xeito que garantan ao consumidor un produto de primera calidade”, reiteran. Xunto aos pementos, esta empresa ubicada en Padrón elabora produtos derivados, coma o pementón doce e picante, do que precisamente estes días están a facer un sorteo; a confitura de pemento, ou queixo con pementón de xeito artesanal.

A firma conta con todas as garantías e certificacións precisas para a súa produción, pasando minuciosos procesos de trazabilidade que garanten o control de todo o produto desde que é plantado ata que chega o consumidor final.

Asemade, a empresa padronesa segue a apostar pola innovación, con métodos cen por cen ecolóxicos e artesanais, para que o consumidor poida gozar do sabor dun produto estacional, como é o pemento de Herbón, durante todo o o ano. s. e.