Esta noite celébrase na localidade de Negreira un acto para facer oficial a súa proclamación // As parroquias da rede incrementan o turismo nun 70 ou 80 por cento TEXTO A. Prada

Ponte Maceira loce o cartel dos pobos nacionais bonitos

El Correo Gallego
Imaxe da histórica ponte de Ponte Maceira. Foto: I.M.

Ponte Maceira, parroquia fraccionada polo río Tambre entre Negreira e Ames, pasaba a formar parte da rede dos pobos máis bonitos de España o pasado decembro de 2019. Un nomeamento no que acompañaba a outros catorce núcleos do territorio nacional. Deste xeito, Ponte Maceira lograba compartir distinción en Galicia xunto a Mondoñedo (Lugo) e Castro Caldelas (Ourense), as dúas únicas localidades da nosa comunidade que ata a data formaban parte deste selecto grupo.

Hoxe ás 22.00 horas celébrase oficialmente a súa proclamación. Será no propio pobo, ao aire libre, e o acto estará aberto ao público. Na cita procederase a destapar o cartel que acredita a esta localidade como parte da rede dos pobos máis bonitos de España, a cargo do alcalde de Negreira, Ángel Leis, e o presidente da Asociación, Francisco Mestre. Outras autoridades que tamén asistirán ao acto son o deputado de promoción económica, José Blas García, o alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García , en representación do conselleiro de Cultura e Turismo.

Dende a Asociación de Los Pueblos más Bonitos de España, sinalan que se lles explicará aos asistentes ao acto a importancia “que tiene para esta bella localidad formar parte de este selecto grupo y el impacto y proyección que generará a nivel turístico. Los vecinos de la localidad podrán saber más sobre este reconocimiento y los proyectos que tiene previsto llevar a cabo la Asociación”, apuntan.

Insisten en que dito nomeamento axudará a atraer máis turismo á zona e a dinamizar así a actividade empresarial e hostaleira, o que se traduce nun favorable impacto económico para a rexión. Dacordo cos datos que presentaron as diferentes concellerías de turismo, “los pueblos que se integran en la Asociación experimentan un considerable crecimiento en la llegada de visitantes, con un aumento promedio del 70% y alcanzando cifras del 80%”, aseguran fontes da Asociación. Dita iniciativa, que acolle xa a 93 localidades únicas, busca promocionar pequenos municipios, especialmente rurais. De Ponte Maceira resaltan sobre todo a súa incrible beleza paisaxística. “Su puente de piedra, el pazo de Baladrón, la capilla de San Brais, los molinos de agua y su palomar, son una muestra de su rica arquitectura junto a la restauración de sus casas y sus calles empedradas”, valoran.

Durante o acto de hoxe non faltará tampouco a música, que correrá a cargo do cuarteto LulaVai, e os fogos artificais porán o broche.