Reabre a biblioteca de Brión

Cibrán Canedo
José Luis García

A BIBLIOTECA MUNICIPAL de Brión volveu abrir as súas portas, en horario de 9.00 a 13.00 horas e de luns a venres. Iso si, o alcalde José Luis García, informa de que o fará con certas limitacións e protocolos de funcionamento que se irán actualizando segundo evolucione a situación. Mentres dure a fase 1, estarán activos os servizos de devolución de materiais prestados, préstamo a domicilio e información bibliográfica e bibliotecaria. Os libros poderán solicitarse con cita previa e por teléfono ou correo electrónico. A devolución farase a través dunha caixa habilitada no recibidor e pasarán un período de 14 días de cuarentena. En canto ao servizo de información bibliográfica e bibliotecaria, prestarase por teléfono ou correo.