Santa Comba estrea un punto de información

El Correo Gallego
O luns atendeu a unhas cuarenta persoas

Santa Comba. O Concello de Santa Comba vén de pór en marcha un punto de información municipal sobre Seguridade Social no centro de cultura, todos os luns de 9.00 a 14.00 horas con persoal propio do Concello.

Segundo explica o alcalde, David Barbeira, “está resultando todo un éxito”. A cidadanía , asegura, “está moi contenta por non ter que desprazarse ata o CAISS de Negreira e ademais resulta imposible conseguir cita ata finais do mes de agosto en calquera dos CAISS que rodean ao noso municipio”, asegura.

O punto de información municipal atendeu o pasado luns arredor de 40 persoas. A.P.