Taller de estimulación musical e lingüística o 12

El Correo Gallego
Cartel informativo do obradoiro virtual

Ames. O vindeiro día 12 o Concello de Ames programa, a través de Apego, un obradoiro virtual de estimulación temperá, musical e lingüística. Este taller comporase “de actividades adaptadas ás diferentes idades, moi participativas, con música en directo e con materiais cos que xa contamos na casa. Ademais, o número de familias por sesión será reducido para interactuar mellor con todas elas”, explican fontes municipais. A sesión do obradoiro será a través da plataforma Jitsi Meet. As familias recibirán unha clave para acceder á sesión na que estean inscritos, que durará aproximadamente 45 minutos.

Hai que anotarse antes do día 10 enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. Deben indicarse a idade dos nenos (se andan ou non), nome e apelidos das persoas que asistirán e un teléfono de contacto. A.P.