Touro disfrutou esta fin de semana de dúas sesións de autocine

ARCA
Coches no parquin de Dona Dana. Foto: C. T.

Touro. Os veciños e veciñas de Touro poideron desfrutar ovenres e o sábado do autocine. O venres os coches empezaron a chegar antes da hora de inicio da sesión no aparcamento da Sala de Festa Dona Dana, onde se proxectaba a pelícupa Ralph rompe internet, para público infantil. Ás 22.30, puntual e xa cando comenzaba a anoitecer, comenzou a proxección para un bo número de coches que se foron acomodando frente a unha gran pantalla habilitada para a proxección. Soplaba en Fonte Díaz un vento que non impediu que se poidera desfrutar do autocine. Xa o, sábado 11 de xullo, e proxectouse A esmorga., as 22.30 horas, cando xa anoitece, condición indispensable para desfrutar dunha sesión de cine dende o coche. Cada familia que asistiu á sesión podía levar a súa propia merenda ou mercar palomitas e bebida no autocine. Ademáis todas cumpliron coas medidasd de seguridade impostas pola pandemia da covid-19, según informou o Concello. arca