Vedra renova a Guía de Empresas, Comercios e Servizos do municipio

El Correo Gallego
Os viños da Ulla en As Cancelas, o ano pasado

Vedra. O Concello de Vedra informa de que están actualizando a Guía de Empresas, Comercios e Servizos locais. Trátase dun documento que pretende converterse nunha ferramenta útil para difundir as actividades que poñen en marcha os negocios da vila. Dende o Concello diríxense aos autónomos, e aos que teñan algunha empresa ou negocio, para que se non saíron na guía anterior chamen ao teléfono 981 814 691 e indiquen os seus datos para aparecer na nova. Tamén explican que aqueles autónomos ou emprendedores que teñan interese online deben chamar porque “pronto teremos novidades”, indican fontes municipais.

Por certo que tamén anuncian que con motivo da convocatoria de Eleccións ao Parlamento de Galicia “as listas do Censo Electoral estarán expostas nas oficinas municipais ata o 1 de xuño”, para que calquera persoa poida presentar “reclamación administrativa sobre os datos censuais”. C.E.