A Cámara de Comercio inicia o proceso electoral

El Correo Gallego

Santiago. A Cámara de Comercio de Santiago inicia o proceso electoral para a renovación do seu Pleno Cameral. Informa a todos os electores da demarcación territorial que dende o día 25 de outubro de 2021 estará exposto o Censo Electoral para a súa consulta no domicilio desta Cámara, sito no Polígono de Costa Vella, na Rúa Polígono de Costa Vella, en horario de 08.30 a 14.30 horas, en días laborais, así como no departamento territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, sito na Rúa Vicente Ferrer, en A Coruña. Os electores poderán consultar o seus datos censais na web www.camaracompostela.com. ECG