A revisión e mellora das instalacións cortarán o tráfico no túnel do Hórreo

D.Seijas
circulación. O túnel do Hórreo sufrirá varios cortes de tráfico as próximas xornadas

santiago. Comenzando hoxe e ata este mércores, último día de novembro, o Concello de Santiago e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, van realizar unha serie de traballos de revisión e mellora das instalacións e aplicacións de seguridade do túnel do Hórreo. Durante a preparación e realización das actuacións será preciso realizar os seguintes cortes de tráfico: hoxe e mañá de 22.30 h a 06.00 horas, corte de tráfico dos dous carrís de circulación do tubo 1 (sentido Pontevedra); mañá e mércores, de 22.30 h a 06.00 horas, corte de tráfico dos dous carrís de circulación do tubo 2 (sentido Coruña); e finalmente, en caso de que fose preciso, podería cortarse o tráfico dun dos dous tubos (aínda por determinar) tamén o mércores e o xoves, de 22.30 a 06.00 horas. d.seijas