A RFG cancela as súas actividades tres semanas

Redacción ECG
CADA XOVES emitiranse concertos e grabacións de arquivo a través da súa canle de Youtube

MÚSICA. Con motivo das restricións sanitarias, a Real Filharmonía de Galicia cancelas todos os concertos (tanto no Auditorio de Galicia como por streaming) e toda a actividade que tiña prevista para as vindeiras tres semanas. Así, non se celebrará o concerto programado para hoxe co director Felix Mildenberger; tampouco se realizará a gravación do espectáculo didáctico O grande Beethoven a primeira semana de febreiro; os concertos co mestre Lars Vogt en Santiago e Ferrol dos días 11 e 12; e tamén se cancela o concerto coa nova principal directora convidada da RFG, a portuguesa Joana Carneiro, do 18 de febreiro. A RFG emitirá cada xoves, ás 20.30 horas, un concerto a través da súa canle de Youtube. Serán programas de actuacións anteriores e unha selección de grabacións que a orquestra ten no seu arquivo. As persoas que mercaron unha entrada para o concerto desta semana xa recibiron a devolución do importe correspondente. redac.