Aberto o prazo do Premio para Álbums Ilustrados

Internacional
Redacción ECG
Xosé Pérez (e.), Rubén Prol e Beatriz Varela, onte, en Raxoi

INTERNACIONAL. O Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 13 de maio de 2022 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño. Esta convocatoria ten como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil. Esta edición está dirixida a libros cuxo relato se conte a través de imaxes, ou de imaxes e textos que se complementen. ecg