Actividades e obradoiros nos nosos espazos verdes

El Correo Gallego

santiago. O Departamento de Parques e Xardíns do Concello acolle este verán obradoiros e expedicións nos espazos verdes da cidade. Entre as actividades propostas podemos atopar cursos de idenficación, uso e preparación de plantas medicinais e silvestres, expedicións botánica por Belvís ou diversos roteiros por zonas como a do río Sar, o río Sarela ou a de Galeras, Finca do Espiño e Vista Alegre. A meta non é outra que promover boas prácticas ambientais, ademais de espallar o espírito de conservación e de mellora do medio. x.f.