Alvarellos firma hoxe ‘A nena que abrazaba as árbores’

El Correo Gallego
Portada do álbum ilustrado

feira do libro. Na Feira do Libro que celébrase estes días na Alameda de Santiago, o editor e escritor Henrique Alvarellos e a ilustradora Xulia Nieto asinarán hoxe, ás 20.00 horas, o álbum ilustrado A nena que abrazaba as árbores”, un novo conto para primeiras lecturas publicado polo selo Verdemar de Alvarellos Editora. Na obra se convida ao lector a darse un baño de bosque a través da protagonista, Lucía, e do seu amigo Álex quen, aínda que non pode ver, sente cada son e cada recanto da natureza. Alvarellos asegura que “descubrir un bosque, pero tamén un parque ou un xardín, a través das súas árbores, é unha das

actividades máis enriquecedoras para calquera idade”. Así, este álbum ilustrado convida a entrar nesa atmosfera natural e ir coñecendo e valorando a natureza única que temos tan preto das nosas casas e que pasa moitas veces diante de nós sen darnos de conta.

Este é o primeiro conto de Henrique Alvarellos, que é autor de varios libros: Territorio auroral, Teoría de

Lugo, Galicia en cen prodixios, Diario dun pai acabado

de nacer, Balada ceibe no bosque de Conxo ou Federico

García Lorca en Santiago de Compostela -no prelo-). O libro está inspirado en dous espazos naturais: nun bosque da súa infancia, a carballeira de Fingoi (Lugo), e no Bosque do Banquete de Conxo (Compostela) cuxa apertura el impulsou en 2018. Pola súa banda, Xulia Nieto Pereira, ilustradora, deseñadora e creativa, formouse na Escuela de Diseño de Granada e este é un dos seus primeiros traballos publicados. En 2018 ilustrou o premiado poemario de Emma Pedreira Antídoto (Alvarellos Editora). Redacción