As Novas Xeracións do PP xogan en Berdía un partido de fútbol solidario

PP
El Correo Gallego
Participantes do partido de fútbol solidario na pista de Berdía. Foto: ECG

O deputado e presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, participou xunto ás Novas Xeracións da formación política nun partido de fútbol con fins benéficos na pista deportiva municipal da parroquia de Berdía.

O obxectivo da competición foi a recadación de alimentos e de produtos para o albergue compostelán de Xoán XXIII. Nesta liña, cada participante no torneo tiña que acudir cunha bolsa de comida, ou ben de artigos de hixiene persoal ou de limpeza, en favor da entidade social, que llos vai outorgar ás persoas vulnerables que atende diario.

Tras o éxito desta primeira convocatoria, o presidente dos populares quixo insistir en dar as “grazas ás Novas Xuventudes de Santiago” por ter organizaciado a xuntanza. Ademais, Borja Verea anunciou que o seu partido vai botar a andar máis iniciativas solidarias deste tipo o vindeiro ano 2022. REDACCIÓN ecg