As Tanxugueiras actuarán en Santiago como cabezas de cartel do Festigal

O trío de pandeireteiras estarán na noite do 24 de xullo no Campus Sur
Festigal
Redaccción ECG
Presentación esta mañá na Carballeira de San Lourenzo. Foto: ECG

Coa mellor música galega do momento, o Festigal 2022 traerá ao Campus Sur de Santiago ás Tanxugueiras na noite do 24 de xullo. O trío formado por Aida Tarrío e as xemelgas Olaia e Sabela Maneiro encabezarán o cartel da vixésima edición do festival, presentado esta mañá na Carballeira de San Lourenzo.

Ademais, acompañarán ás pandeireteiras na gran velada nocturna a Banda da Loba, Familia Caamagno e Bratzantifa. Do mesmo xeito, no café concerto do Día da Patria tocarán Alberto Mvundi, Os John Deeres, Berto e DJ Ferromona.

O Festigal, organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova, conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, Universidade de Santiago e Estrella Galicia.