Bugallo: “Non hai cidade con este nivel de apoio”

C.G.

santiago. “Probablemente non hai ningunha outra cidade en España capaz de concitar un nivel de apoios deste calibre. Eso é o resultado da historia e do papel histórico que Santiago e os camiños xogaron na configuración do noso país ao longo de máis de mil anos. Todo os composteláns e tamén todos os galegos temos que ser conscientes de que é un gran privilexio”. Deste xeito definía o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o apoio que a capital galega recibe de tódalas administracións do Estado. Nunhas declaracións recollidas polos medios hai uns días sobre os actos que se ían vivir este domingo, o alcalde referíase á xuntanza do Real Padroado como o impulso no que se ía definir e debuxar “o Santiago do século XXI”. Asemade, aproveitou para mostrar a sua satisfacción porque grazas as celebracións do Día do Apóstolo, coa presencia da familia real, do presidente do Goberno español, xunto a vicepresidenta económica e varios dos ministros do seu executivo, Santiago de Compostela foi “a capital política de España”. c. g.