Cancelan o circo de hoxe na Quintana por unha lesión

El Correo Gallego

Santiago. Unha lesión obriga a suspender a función de circo de Sen medo, da Cía. Maintomano, prevista para hoxe, ás 20.00 h, na praza da Quintana. En función de como evolucione a lesión, tentarase programar esta función de circo nunha nova data, que será debidamente anunciada. A programación de circo inclúe cinco propostas máis ao longo do mes de agosto. De paso, de La Industrial Teatrera, o 6 de agosto; Flou Papagayo, da Compañía Mumusic Circus, o xoves 13; Te veo de Cía Vaya + B-Side Company, o martes 18; El gran final de Cía. Bucráa Circus o xoves 20. Máis alto aínda de Dessastronauts pechará a programación o día 27 de agosto. ECG