Chegan dous libros infantís, un sobre os Beatles e outro sobre os Rolling Stones

Trátase de dúas historias orixinais, adaptadas a crianzas de entre 2 e 12 anos
Hábitos de lectura
El Correo Gallego

A Reixa convértese en editora para sacar a tradución dos dous primeiros títulos da colección “Little Neno descobre a...”, editada en castelán por Bang Ediciones e que até o de agora conta tamén cos títulos sobre David Bowie, Aretha Franklin e Elvis Presley.

Coa tradución ao galego das aventuras de Little Neno, Reixa editorial pretende fomentar a nosa lingua e a cultura musical dos máis cativos de xeito ameno e divertido.

Trátase de dúas historias orixinais, adaptadas a crianzas de entre 2 e 12 anos que as mergullarán por primeira vez no mundo poético e cheo de imaxinación da música e letras das dúas bandas máis lendarias dos anos 60 británicas.

Coa lectura destes libros poderás compartir cos máis pequenos da casa os gustos pola música dos Beatles e dos Rolling Stones. Converterase tamén nunha oportunidade para escoitar de novo os vellos vinilos destes dous grupos ingleses cos vosos fillos. Os libros ofrecen, ademais, unha sección onde se poden descubrir máis datos curiosos que seguramente non coñeciades... ou si.