Ciclo audiovisual adicado ás mulleres na Escola de Arte Mestre Mateo

Redacción ECG

ACTOS. Organizado pola Biblioteca da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (www.easd.es), hoxe e mañá vaise celebrar no seu salón de actos un ciclo dedicado ás mulleres do século XXI no audiovisual, no cal as directoras Arantxa Aguirre e Margarita Ledo, ademais da actriz Mónica Camaño, ofrecerán unha charla coloquio para toda a comunidade educativa. Arantxa Aguirre Carballeira fará hoxe presentación en Galicia do seu último documental, Zurbarán e os seus doce fillos, filme que recolle o periplo internacional dunha serie de 13 cadros pintados en Sevilla por Francisco de Zurbarán que pasaron por distintas mans ata o seu destino final. Por outra banda, a escritora e catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, Margarita Ledo Andión, presentará mañá a súa película Nación. redac.