Concerto de Inés Carreño para abrir o programa cultural de ‘O Son do Balcón’

Este sábado
Redacción ECG
Imagen de la estación intermodal de Santiago. Foto: ECG

ESTE SÁBADO. O Balcón das Brañas, a cafetería da estación intermodal de Santiago de Compostela, pon en marcha un ciclo de programación cultural que, baixo o nome de O Son do Balcón, vai supor unha oferta periódica e variada para visibilizar o talento e a creatividade de artistas galegos, nuns casos artistas emerxentes e, noutros, con traxectorias xa consolidadas. O ciclo foi presentado onte no transcurso dun acto informativo celebrado nas instalacións da cafetería, ofrecido por Nieves Yáñez, directiva da empresa adxudicataria, Beach Solpor, quen explicou que a data elixida para a inauguración desta iniciativa obedece á vontade de facela coincidir co 1º aniversario do establecemento. Deste xeito, O Son do Balcón vai inaugurarse este sábado, 28 de xaneiro, cun concerto de Inés Carreño, en dúas sesións, unha institucional ás 12.00 horas, e outra aberta a todo o público a partir das 18 horas. ECG