Continúan as actividades de rúa para os nenos grazas ao ‘Territorio Xogantín’

El Correo Gallego
A praza 8 de Marzo é o punto de encontro. Foto: CdS

EDUCACIÓN. Dende o pasado luns e ata o 4 de setembro, grazas a unha nova edición do Territorio Xogantín, un grupiño de rapaces e rapazas de 6 a 10 anos xúntanse coas monitoras de Xandobela na praza do 8 de Marzo, de luns a venres entre as 11.30 e as 13.30 horas, “para facer súa a rúa”. O Territorio Xogantín, destacan dende Raxoi, ofrece un espazo de socialización en galego a través do xogo, contribuíndo ao coñecemento por parte dos nenos e nenas do patrimonio lingüístico vinculado ao xogo, e achegando a lingua como complemento de servizos atractivos e útiles para as persoas usuarias. Ademais, promove valores de solidariedade, igualdade e respecto polo medio; e fomenta a autonomía persoal dos nenos e nenas. O punto de encontro é a praza do 8 de Marzo, na Porta do Camiño. redac.