Corte parcial dunha hora no periférico por unha gran mancha de gasoil

Tráfico
El Correo Gallego

SANTIAGO. Un dos carrís de baixada do periférico de Santiago (SC-20), no tramo que une os polígonos do Tambre e Costa Vella, estivo cortado durante unha hora, entre as 11 e as 12 horas deste luns, por unha gran mancha de gasoil na calzada. Tras o aviso dun condutor, policía local e bombeiros acodiron ao lugar, procedendo os últimos á limpeza da mancha, que ocupaba unha superficie aproximada duns 400 metros e chegaba ata a rotonda do Decathlon e Leroy. Descoñécese a procedencia do verquido de gasoil.