Curso da Cámara sobre márketing dixital e redes sociais co apoio da Xunta

El Correo Gallego
A directora xeral de Comercio, no centro á dereita, nun acto na Cámara o ano pasado

iniciativa. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou onte, mediante videoconferencia, na apertura dun taller sobre marketing dixital e redes sociais organizado pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio da Xunta. A iniciativa enmárcase no convenio entre a ente camera e a

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, dotado con 120.000 euros e mediante o cal se prevé poñer en marcha nos próximos meses diferentes accións para impulsar o sector comercial e artesán na comarca. Así, por unha banda, realizaranse sete cursos, dos cales cinco serán en liña, cos que se prevé beneficiar a máis de 200 profesionais. A temática abrangue o uso profesional das redes sociais ou a iniciación ao comercio electrónico. Inclúen tamén accións para impulsar a Artesanía Galega. REDacción