Emma Pedreira e Marilar Aleixandre presentan nova obra no Ateneo

Redacción ECG

cultura. O próximo martes 22 de novembro, celebrarase, ás 19.30 horas, en Afundación de Santiago de Compostela (situada na rúa do Vilar, nº19), a presentación de Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, a última obra de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Este acto está organizado polo Ateneo de Santiago. Acudirán, naturalmente, ambas autoras, acompañadas ademais de Marga Tojo, xornalista e poeta, e José Manuel González Herrán, directivo do propio Ateneo de Santiago. Colaboran tamén a Editorial Galaxia e a Deputación de A Coruña. redacción