Varios grupos de turistas estranxeiros visitaron o Mercado na xornada de onte // E máis de cen peregrinos recolleron
a súa Compostela TEXTO Gustavo López

‘Festa’ na Praza de Abastos... e na Porta Santa

Fiestas
Gustavo López
Colas na praza da Quintana para acceder á Catedral de Santiago a través da Porta Santa. Foto: Fernando Blanco

A diversión e o bo ambiente foi unha constante ao longo do día nas rúas do casco histórico, que pouco a pouco foron tomando temperatura. Neste sentido, a chegada de varios grupos de peregrinos ao Obradoiro tamén axuda a que a cidade recupere de algún xeito estampas anteriores ao inicio da pandemia.

Nas últimas horas notase ademais a presenza de varios grupos de visitantes estranxeiros, e moitos deles aproveitaron a xornada de onte para gozar dun paseo polo Mercado de Abastos, o segundo lugar más visitado da capital galega, onde fixeron unha parada nos distintos establecementos de hostalaría que envolven a Praza. Igualmente, os máis de cen camiñantes, exactamente 116, que recolleron onte a Compostela na Oficina de Atención ao Peregrino, situada na rúa Carretas, fixeron cola na praza da Quintana para visitar a Catedral de Santiago.