Gran impacto da campaña promocional de Santiago

El Correo Gallego
A campaña superou xa os cinco millóns de impactos

Turismo. A nova campaña de promoción turística Santiago de Compostela. A túa historia superou xa os cinco millóns de impactos dende o seu comezo, o pasado 23 de xullo. Ademais, o vídeo promocional da cidade sumou xa máis de medio millón de reproducións nas diferentes canles nos que está dispoñible. Ten por obxectivo reactivar a demanda turística da cidade o antes posible no complexo contexto do covid-19. A campaña terá dúas fases diferenciadas. A primeira comezou o 23 de xullo e prolongarase durante o mes de agosto. redac.