Grupo Cidades Patrimonio: campaña de promoción en Europa, América e Asia

El Correo Gallego
Bugallo, coa ministra de Turismo, Reyes Maroto, entre outros, onte en Fitur. Foto: CdS

FITUR. O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade España e Turespaña presentaron onte en Fitur o Plan operativo 2021 que inclúe a promoción nos principais mercados emisores internacionais. Tamén se presentou o Plan de Acción con Paradores, para a promoción e comercialización conxunta e a creación de novos productos e se celebrou a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de Salamanca e coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, presentou o plan de acción 2021, xunto co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, para a promoción das 15 cidades españolas co selo Unesco nos principais mercados internacionais de Europa, Estados Unidos e Asia. REDAC.