Incendio causado por unha lavadora en pleno centro

Suceso
S.T.

suceso. Rexistrouse a noite do mércores un incidente provocado por un electrodoméstico que rematou provocando un incendio na rúa Alfredo Brañas, no Ensanche de Santiago.

Ó lugar dos feitos acudiron os Bombeiros de Santiago, así como varios dispositivos da Policía Local. O suceso captou a mirada de moitos curiosos que paseaban pola zona xa que ao acontecer nunha rúa tan céntrica como a de Alfredo Brañas foron varios os viandantes que se achegaron ao lugar do incidente para ver o que sucedía. s.t.