María Rozas pide máis información sobre o plan para o Camiño Francés

Lavacolla
V. Álvarez

LAVACOLLA. A portavoz municipal de Compostela Aberta denunciou onte “a falta de información e a nula comunicación” do Goberno de Bugallo cos residentes de Lavacolla afectados polo Plan Especial Director de Ordenación e Rehabilitación do Camiño Francés (PE-3) que se atopa na fase de exposición pública para a súa aprobación inicial. María Rozas reclamou que se prorrogue este prazo de exposición pública, que remata mañá, “tendo en conta a alarma e a situación de conflicto xerado coa veciñanza”, e que se cree unha oficina específica de información e acompañamento na que se resolvan as dúbidas vinculadas ao plan. A maiores, a concelleira denunciou “a escasa implicación económica da Xunta de Galicia no desenvolvemento deste documento, cando é a administración que tén competencia directa sobre os Camiños de Santiago”. V.Álvarez