8 DE MARZO. En medio dunha pandemia que nos invadiu xusto hai un ano, con polémica incluída sobre as manifestacións, diferentes perfís femininos da cidade explican a súa traxectoria profesional e como tiveron que enfrontarse a situacións de dificultade, as cales conseguiron superar TEXTO Andrea Oca

Mulleres de Compostela: os rostros daquelas que romperon o ‘teito de cristal’

8M
ECG Redacción
La doctora Manuela Camino en su despacho del Hospital Gregorio Marañón. Foto: cedida

A uns días do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, son moitas as mulleres de Compostela destacadas nos seus ámbitos. Algúns, como o da Policía, están día a día nas rúas desde o comezo da pandemia, e diso pode dar boa fe a inspectora Diana Parente. Os sanitarios, como a doutora Manuela Camino, tiveron que loitar coa saturación hospitalaria e tentar que a situación ocasionada polo COVID non repercutise no funcionamento doutras áreas do hospital.

A situación sanitaria non só mudou a rutina de moitas delas, senón que lles repercutiu directamente en canto a ingresos económicos. É o caso das Tanxugueiras, un grupo integramente feminino que tivo que deixar moitos concertos no aire. Para outras, como Berta Dávila, o confinamento valeulle de inspiración para a súa última novela. Son só un reflexo da sociedade compostelá, formada tamén por todas esas limpadoras que nos atopamos a diario; polas caixeiras e repoñedoras do supermercado ou das tendas de barrio; a das praceiras do Mercado de Abastos ou a das panadeiras que cun sorriso nos deron o pan nesas saídas que daban vida.

Co gaio do 8-M, os grupos da corporación municipal lerán un manifesto este luns, e durante toda a semana haberá diferentes actividades adicadas a autoras tan relevantes como Xohana Torres, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro ou Exeria; e debatiranse os roles de xénero.