Negan a acusación da empresa xestora do vertedoiro

El Correo Gallego

Santiago. A Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (Ferusa) manifestou o seu total rexeitamento ás sospeitas manifestadas pola empresa xestora do vertedoiro de Miramontes coas que “pretende cuestionar á veciñanza e á plataforma de afectados polo vertedoiro sinalándoos como posibles autores do incendio que tivo lugar o pasado 25 de maio de 2020 nas instalacións”. A entidade móstrase “moi ofendida por esa acusación delituosa contra a honorabilidade dos veciños do rural”. Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tamén sinalou que todo apunta a que o lume foi intencionado. redacción