Nova edición da Feira de Emprendedoras na USC

Redacción ECG

tecido empresarial. O Concello e a Universidade de Santiago (USC) organizan de novo a Feira de Emprendedoras de Compostela, unha feira que quere visibilizar as mulleres emprendedoras que están creando tecido empresarial innovador, con valor engadido, na comarca de Compostela. Este ano vai dirixida ás universitarias da USC, aínda que a feira está aberta a toda a cidadanía. O programa completo da Feira, que chega neste 2021 á súa terceira edición, foi presentado en rolda de prensa polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo; e pola técnica da USC Eva López. Esta III Feira de outono de Compostela é un encontro entre universitarias xurdidas da USC, referentes como creadoras e sustentadoras dun tecido empresarial feminista, con valor engadido e RSE na área de Compostela, con alumnas que estudan diferentes disciplinas na institución compostelana. ecg