O Consorcio prepara as grandes cifras e as liñas dos orzamentos de 2023

Xuntanza
Redacción ECG
Na reunión aprobouse tamén o plan de aforro enerxético e de teletraballo do persoal. Foto: Consorcio

XUNTANZA. A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago reuniuse onte na sede do Consorcio para tratar as liñas xerais e as grandes cifras dos orzamentos 2023 da institución interadministrativa.

Así mesmo, nesta xuntanza obtivo luz verde o plan de aforro enerxético e de teletraballo do persoal do Consorcio, ademais doutros asuntos de trámite tales como modificacións orzamentarias.

Neste encontro, que estivo presidido polo alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, contouse tamén coa presenza do inspector xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, Ángel Esteban, e a do director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, así coma a dos voceiros representantes dos distintos grupos municipais. ECG