O PP pide que se reoriente a iluminación na pista polideportiva do Carregal

Evaristo Ben, edil do grupo popular, tamén quere dotala dunha rede de protección
Redacción ECG
INSTALACIÓN. As queixas prodúcense, sobre todo, pola ausencia dunha rede de protección na pista do Carregal

Santiago. O grupo municipal popular, a través do seu concelleiro Evaristo Ben, presentará no vindeiro Pleno ordinario, deste mes de xullo, un rogo para solicítanlle ao Goberno local que dote dunha rede de protección e na pista polideportiva do lugar do Carregal, na parroquia do Eixo, co fin de evitar que os balóns, descendan polo desnivel que hai na zona e acaben no río e para que se reoriente a iluminación existente, co fin de que se dirixa cara ao terreo de xogo.

Evaristo Ben explica que, hai escasamente un mes, remataron os traballos para a construción dunha pista polideportiva multiusos no lugar de Carregal, unha actuación levada a cabo ao abeiro do Plan POS+ da Deputación da Coruña, que contou cun orzamento de preto de 126.000 euros.

Desde a súa posta en servizo, as persoas que habitualmente fan uso desa instalación fixéronos chegar unha queixa sobre dous aspectos que desmerecen o grao de satisfacción e o acabado que, en liñas xerais, a obra está a causar. Segundo Ben, as queixas prodúcense, sobre todo, pola ausencia dunha rede de protección que impida as continuas incomodidades e demoras que supón as caídas do balón por un forte desnivel. ECG