Os Bonos Corazón en San Pedro xeraron 200.000 €

El Correo Gallego

COMERCIO. A poucos días de finalizar o prazo para facer uso dos Bonos Corazón Concheiros-San Pedro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou onte que o importe total de gasto propiciado por esta campaña vén de acadar os 200.063 euros, dos que 153.423 euros foron consumidos en establecementos comerciais, e 46.340 euros, nos locais de hostalaría. Prevese o lanzamento de dúas novas convocatorias dos Bonos Corazón en xuño e setembro deste ano, a primeira delas centrada na Praza de Abastos. REDAC.