Os poetas Valente e Adonis, no Xardín das Pedras que Falan

Acto de homenaxe
Redacción ECG
Aplausos durante o acto de homenaxe onte no Xardín das Pedras que Falan

ACTO de homenaxe. Onte pola mañá inauguráronse dúas novas inscricións no Xardín das Pedras que Falan, anexo á Fonseca, debidas ao poeta galego José Ángel Valente e ao poeta sirio Adonis, dous autores que “comparten universalidade”, segundo destacou o alcalde. O acto de inauguración tamén contou coa presenza da concelleira Mercedes Rosón; o reitor da USC, Antonio López; o poeta Claudio Rodríguez Fer, en condición de director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, e o propio poeta Adonis, que se desprazou expresamente dende París. A tradución das verbas de Adonis recollidas na inscrición é “Cando o sol sae, ás veces son eu a resposta”, unha afirmación en clave de grito vital. Adonis constitúe un dos principais poetas en árabe na actualidade, polo que foi reiteradamente proposto para o Premio Nobel de Literatura. O alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, puxo en valor as conexións entre Santiago e Siria. redacción