Ourense acollerá un congreso internacional dos Camiños

El Correo Gallego

Santiago. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial á directiva da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe - Vía da Plata, encabezada polo seu presidente na provincia, José Luis Rodríguez Cid, para avanzar nos preparativos do 13º Congreso Internacional dos Camiños de Santiago que se celebrará en Ourense do 20 ao 23 de abril do próximo ano. “Esta é unha vía perfecta para promocionar a provincia e, sobre todo, para poñer en valor a Vía da Plata”, sinalou o presidente do goberno provincial, lembrando que “dentro das moitas potencialidades de Ourense, esta é unha delas. Por iso para nós é fundamental esta ruta, que atravesa a terceira parte dos concellos da provincia”, indicou Baltar. ECG