Posta a punto do campo de fútbol de Figueiras

Ocio
Redacción ECG
Esther Pedrosa presentou o proxecto de mellora no pazo de Raxoi. Foto: Concello

OCIO. Cun orzamento que supera os 4.000 euros, a concellaría de Deportes en colaboración coa de Medio Rural acometerán unha obra para a posta a punto do campo para os rapaces do RCF Figueiras que alí adestran e que contempla a sega, a nivelación do terreo mediante recebo con mestura de substrato e area nas zonas desniveladas, así como a substitución do equipamento deportivo. Un “profundo lavado de cara necesario para unha instalación deportiva que empregan os rapaces das nosas parroquias” explica a concelleira de Deportes.

Esther Pedrosa explica que a intervención, a pesar de ser rápida, requirirá que escampen as chuvias dos últimos días e seque o terreo porque o que se vai a facer é resementar o campo. “Trátase dunha inversión que contribúe á mellora dos equipamentos deportivos da cidade, como vimos facendo desde o inicio do mandato, e como seguiremos facendo nos próximos meses con proxectos que actualmente están optando a fondos europeos”. ECG