Postais de luz de artistas de Galicia para felicitar o Nadal dende Compostela

Iniciativa
Redacción ECG

INICIATIVA. Turismo de Santiago propón 18 artísticos photocalls para felicitar o Nadal en lugares emblemáticos da cidade como a praza da Quintana, San Domingos de Bonaval ou San Fiz de Solovio. A Casa da Conga é o escenario onde se están proxectando unha serie de ilustracións de diferentes artistas de Galicia, concebidas como Postais de Luz de Nadal para proxectarse precisamente na praza da Quintana mediante a técnica do video mapping. Esta acción intégrase no conxunto de iniciativas que está desenvolvendo Turismo de Santiago para poñer en valor o talento galego na cidade nestas datas. Dende o 12 de decembro ata o 8 de xaneiro, dende as 18.00 ata ás 01.00 horas, proxectaranse Postais de Luz divididas en tres períodos, que permiten ver a creatividade existente en Galicia no campo da ilustración e o deseño gráfico, con creacións de 16 artistas. ecg