Presentación do novo libro de Julio Fernández

Redacción ECG
Alfonso Iglesias Zamar, esquerda, Valentín Garcia e José Julio Fernández Rodríguez

reflexión. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte no acto de presentación do libro Agochar a memoria

nalgures, no que o escritor e profesor José Julio Fernández Rodríguez reflexiona a través da poesía sobre as dificultades ás que nos enfrontamos as persoas no contexto do S. XXI. A obra conta co apoio da Consellería de Cultura ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Valentín García saudou a nova publicación e felicitou o autor que pon de novo “en branco sobre negro interesantes e tan acertadas reflexións nas que talvez moitos e moitas de nós pensamos nesta última etapa complicada que nos tocou vivir”, destacando ademais “a riqueza e diálogo lingüístico que ofrece a obra ao longo dos seus versos”. Canda eles, tamén participaron no acto, que acolleu o claustro de San Roque, o filósofo Alfonso Iglesias Zamar e os bailaríns Sofía Fernández e Alex G. Canal, do Espazo de Danza Universidade. ecg