Raúl M. Santos estará hoxe na Libraría Cronopios

El Correo Gallego

‘CORNUCOPIA’. A Libraría Cronopios acolle hoxe, ás 19.00 horas, a presentación da novela Cornucopia, coa presenza do autor da obra, Raúl M. Santos (Ribeira, 1976), Premio Torrente Ballester de Narrativa 2021. Durante o acto de presentación tamén intervirán Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación de Coruña; Susana Pedreira, xornalista e comisaria do premio; e Francisco Castro, director xeral de Galaxia. Cornucopia, editada pola Editorial Galaxia, está chegando estes días ás librarías e supón ademais a estrea do autor Raúl M. Santos no panorama literario galego. Esta obra fora elixida por unanimidade como gañadora do Premio Torrente Ballester en decembro de 2021. ECG