Regresan ás aulas os alumnos de Bacharelato do Seminario Menor

El Correo Gallego
Seminario Menor da Asunción, en Belvís. Foto: F. Blanco

DESESCALADA. O Seminario Menor da Asunción retomou as clases presenciais de 2º de Bacharelato coa reincorporación de todos os alumnos ás aulas. Nestes días están traballando a fondo para recuperar materias, completar temarios e preparar as probas da ABAU; e tamén para volver á normalidade perdida, que neste momento é moi importante. As súas instalacións amplas

permiten traballar con comodidade e, sobre todo, con seguridade e tranquilidade.

Organizan as clases nun horario de mañá, onde teñen unha atención personalizada por materias segundo as necesidades de cada alumno: clases máis xerais de repaso e reforzo, combinadas con titorías por materias nas que cada profesor atende as dúbidas de xeito individual.

Tamén continúa traballando de xeito telemático cos cursos que están na casa: as clases online, as actividades no classroom, a comunicación pola plataforma Educamos, as conexións por videoconferencia xa forman parte do noso traballo cotián. E xa pensan en toda a utilidade que poden sacar desta experiencia e na súa aplicación para o curso próximo. Por outro lado e despois de varias semanas de traballo, os seminarios menores de Galicia estrearon unha páxina web coa información básica para coñecer a súa actividade. ECG