‘Resucitar’ vidas coa maniobra de RCP

Profesionais da UCI ensinaron onte ós cidadáns as prácticas de reanimación cardiopulmonar
Martin Fernández
Prácticas realizadas onte no hopistal Clínico para aprender as maniobras de reanimación

Profesionais da UCI da Área Sanitaria de Santiago organizaron ao longo da mañá de onte actividades formativas para concienciar á poboación sobre a importancia da masaxe cardíaca. Así, sumáronse á celebración do Día Mundial da Parada Cardíaca, establecido en 2018. Estímase que máis de 30.000 persoas sofren un paro cardíaco súbito extrahospitalario ao ano en España. Moitas poderían salvarse se calquera persoa que se alguén ao seu redor soubera iniciar a masaxe cardíaca de emerxencia mentres se espera aos servizos sanitarios. Existen estimacións que indican que se poderían salvar máis de 100.000 vidas cada ano en toda Europa.

A campaña Todos os cidadáns do mundo poden salvar unha vida é unha iniciativa da European Resuscitation Council á que se unen a Sociedade Española e Galega de Medicina Intensiva Crítica e Unidades Coronarias.

Médicos intensivistas da área Sanitaria de Santiago instalaron mesas informativas con talleres para a cidadanía no Hospital Clínico. Todos os interesados puideron aprender, sobre bonecos simuladores, técnicas de resucitación cardiopulmonar (RCP), unha técnica que axuda a salvar vidas. Formar á poboación en reanimación cardiopulmonar é unha recomendación da Comisión Europea e unha necesidade social.

Por outro lado, hoxe ás 10, celebrarase no Obradoiro un acto no que más de 300 alumnos de sexto curso de educación primaria e primeiro de ESO de diferentes centros educativos de Compostela aprenderán maniobras básicas de reanimación cardiopulmonar e a empregar desfibriladores para saber reaccionar ante unha parada cardiorrespiratoria.

O acto enmárcase dentro do ciclo Galicia cardioprotexida. Un Camiño con corazón, que puxeron en marcha o Colexio Oficial de Médicos da Provincia de A Coruña, entre outras institucións, como a Consellería de Educación, Urxencias Sanitarias 061 e o Concello de Santiago.

O acto abrirase coa intervención do presidente do Colexio Médico coruñés, Luciano Vidán; ó que seguirá o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Despois, a doctora Azucena Prieto, coordinadora de Urxencias do Hospital do Barbanza e vicepresidenta segunda da institución colexial, explicará as manobras a realizar. A continuación, os participantes, divididos en grupos e coordinados por un monitor, porán en práctica o aprendido empleando un maniquí que se encontra, teóricamente, en parada cardíaca.