Tecor Societário estreará ‘Vai por vós’ na Capitol o día 4 de febreiro

D.Seijas
cartel de la Sala Capitol

santiago. Vai por vós é o primeiro adianto do novo disco de Tecor Societário, cuxa saída está prevista para finais de 2023. A banda compostelá apostou por dilatar a publicación do seu novo material, que irá vendo a luz a modo de pílulas, publicadas en datas sinaladas ao longo do ano. Vai por vós pretende ser unha homenaxe a todas as persoas que, malia as dificultades, continúan, ano tras ano, amosando que Galiza non é un país manso, no que nunca pasa nada. Será presentado ao vivo o día catro de febreiro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, dentro dun concerto que os composteláns darán xunto coa banda Talco. d.seijas