Test de antíxenos na praza Roxa para as persoas que non teñen a pauta completa de vacinación

No marco das Festas do Apóstolo, o dispositivo móbil estará instalado ao longo deste sábado, en horario de 12.00 a 20.00 horas
Redacción ECG

A área sanitaria compostelá habilitará este sábado en Santiago un dispositivo móbil para a realización de test de antíxenos a todas as persoas que non dispoñan da pauta completa de vacinación. Este dispositivo estará situado na praza Roxa e contará con persoal de enfermaría da área sanitaria de Santiago. Funcionará en horario de 12.00 a 20.00 horas. Alí tamén se entregará o correspondente certificado da proba.