Verea denuncia “o estado de abandono” da parroquia de Nemenzo

O deputado popular láiase de que “é algo que se repite en todo o rural compostelán, pistas en mal estado, falta de limpeza, non hai servizos básicos como auga, alcantarillado ou transporte público”
Rural
El Correo Gallego
Borja Verea, á dereita, cun representante veciñal

Borja Verea, presidente dos populares composteláns, visitou a parroquia de Nemenzo acompañado do presidente da Asociación de Veciños Campo do Monte, Jorge Gigirey. Na xornada de traballo aproveitaron para achegarse a Muíños, Mallos, Barreiro, Chorente ou Vilariño onde puideron constatar o estado de abandono dos servizos básicos de todos estes lugares. “É algo que se repite en todo o rural compostelán, pistas en mal estado, falta de limpeza, non hai servizos básicos como auga, alcantarillado ou transporte público”, destacou Verea, engadindo que “só hai que ver como está o rural dos concellos limítrofes e comparalo coas nosas parroquias para recoñecer que algo estamos facendo moi mal”. Neste senso quixo apuntar que “ademais dunha cuestión de xustiza, xa que os veciños do rural pagan tamén impostos e teñen tamén dereitos, é tamén importante como proxecto saber integrar e cohesionar toda esta Compostela verde e rural” xa que “é un cambio que se está acelerando tras a pandemia, a xente volve ter interese en vivir e traballar no rural compostelán e non podemos seguir perdendo oportunidades”.

Pola súa banda o presidente da asociacion de veciños, Jorge Gigirey, aproveitou a visita dos populares para denunciar que “a parroquia de Nemenzo leva case unha década sin un só investimento, algo que é moi difícil de explicar aos veciños”, e tamén quixo aclarar que “a última obra na parroquia foi o Campo da Festa, na Aldea da Pedra, e foi precisamente durante o mandato popular”.

Na visita tanto os populares como a asociación de veciños achegáronse a Paradelas, tamén en Nemenzo, onde hai varias explotacións gandeiras e puideron analizar a situación do sector primario no concello. “Cada vez quedan menos explotacións gandeiras en Santiago, pero as que quedan están facendo importantes esforzos de modernización e susentabilidade”, apuntuo o deputado autónomico, como por exemplo na explotación de Salomé García onde ademais da familia na granxa traballan xa varios empregados e melloran ano a ano a calidade do leite. “A economía pospandemia vai poñer en valor os produtos de proximidade, ecolóxicos e de calidade, polo tanto hai que protexer e promocionar as nosas industrias gandeiras e agrícolas” xa que “temos a oportunidade de que o rural compostelán poida convertirse nesa horta de produtos de calidade que demandará a sociedade nos vindeiros anos”.