Verea promete que Compostela será un centro de inversións

O candidato a Alcaldía pretende crear a oficina SantiagoInviste para que os que xeneran emprego “non pasen dous anos agardando unha licencia”
Roberto García
Borja Verea reuniuse con membros da Real Sociedad Económica de Amigos del País

Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, mantivo unha reunión con membros da Real Sociedad Económica de Amigos del País da cidade de Santiago (RSEAPS), na que analizaron polo miúdo a situación económica de Compostela.

Para Verea Santiago necesita atraer novos inversores que confíen nosa cidade, e para iso temos que facilitarlles os trámites para que podan instalarlse aquí. “Non pode ser que estean dous anos agardando por unha licencia ou que o único que atopen son trabas e retrasos á hora de presentar a documentación”, sinalou o líder popular.

Así o candidato á Alcaldía anunciou a creación dunha oficina que mellore a regulación económica e de comunicción de obstáculos e barreiras á actividade empresarial. “A inestabilidade actual no sector empresarial require dunha xestión eficaz por parte do concello e, como xa veñen desmostrando durante estes 4 anos, Bugallo non están capacidado para levala a cabo”.

Verea fixo fincapé na necesidade de crear un ámbito favorable que acelere e consolide a implatación de novos emprendedores en Santiago, “para iso crearei a Oficina SantiagoInviste, que permitirá captar investimentos de fora e facilitará aos inversores interesados en crear emprego e negocio en Santiago o seu aterrizaxe na cidade.

Ademais incidiu en que é imprescindible a eliminación de licenzas e trámites innecesarios, “o concello debe estar ao servizo dos veciños e dos autónomos e pequenas empresas, e non ao revés, entorpecendo as xestións diarias”, concluíu Borja Verea.