Os rosales, un dos grupos máis emblemáticos de música galega, naceu hai máis de sete décadas da man de Maruxa Miguéns e seu marido, Xosé Romero, en Rianxo.
Maruxa dominou dende moi nova un eido musical que, sobre todo na primeira metade do século XX, estaba reservado aos homes: a percusión. Asemade, esta rianxeira de nacemento era a voz do grupo, e encargouse ao longo da súa vida de ensinar a tocar instrumentos como o tambor e o bombo.
Quizáis non sexa unha das referentes da nosa música tradicional máis coñecidas, pero é innegable que a súa presencia pavimentou o camiño para moitas que viñeron detrás. De feito, no 2016, con motivo do 8 de marzo, foi homenaxeada no Parlamento galego xunto con outras 11 mulleres que romper os esquemas da sociedade facendo cousas que tradicionalmente “eran de homes”, e no 2022 o matrimonio foi posto en valor no Memorial Ricardo Portela, en Pontevedra.