A ONCE arrinca o sorteo dos seus cupóns cos vendedores a pé de rúa

El Correo Gallego
LABOR SOCIAL. Unha persoa vendedora da ONCE. Foto: G.

15 de xuño. A ONCE reiniciará o próximo luns 15 de xuño os sorteos dos seus tradicionais cupóns, o mesmo día no en que se incorporarán aos seus postos de traballo os vendedores da Organización para “repartir ilusión” nas rúas e mostranso que a normalidade volve a todos os recunchos da nosa xeografía.

A decisión se adopta de acordo coa normativa vixente do proceso de desescalada fixado polas autoridades e, especialmente, ta vez garantidas as medidas de seguridade para os 19.000 vendedores de la Organización e os seus clientes mediante a debida información e a posta a disposición do material necesario, mesmo tamén para o resto de traballadores.

A ONCE pon en marcha así o plan de reactivación das súas actividades comerciais e operativas, para recuperar a normalidade que repreesenta a volta dos seus vendedores aos pobos, vilas e cidades , como ven sendo habitual desde hau 81 anos, coa única interrupción da pandemia da covid 19. O primeiro día de traballo dos vendedores (sempre que non varíen as actuais circunstancias previstas polas autoridades), será o luns 15 de xuño, data na que xa contarán coa súa carteira de produtos e día no que terá lugar o primeiro sorteo no horario habitual, na noite. REDACCIÓN